Neutralidade e sesgos algorítmicos
Estados Unidos comezou a vacinar o 14 de decembro, e para decidir a orde da vacinación decidiron que un algoritmo fixera o traballo. O problema era que ese algoritmo non tomaba unhas decisións coherentes á hora de vacinar primeiro á xente máis propensa á hora de contaxiarse.
Baixo o meu punto de vista, os algoritmos deberían estar moi controlados e regulados neste tipo de situacións, xa que no caso do hospital de Stanford era máis necesario vacinar aos médicos residentes ca os sanitarios que atendían as chamadas telefónicas. A neutralidade das tecnoloxías está diseñada, é dicir, levouse a cabo con unha finalidade. E aínda que algunhas desas finalidades poidan ser neutras, outras moitas teñen unha dimensión ética. Introducir algoritmos nun contexto sesgado non é unha acción sen consecuencias, xa que estes algoritmos non teñen unha comprensión concepual do problema que analizan. Limítanse a asignar probabilidades a un resultado a partir dunha análise estadística dunha situación.
Comentarios
Publicar un comentario