Publicacións

Mapa conceptual PYTHON

Imaxe
Para facer o mapa conceptual tamén usei a páxina Visme.      Facer o mapa conceptual foi bastante máis complicado, xa que tiven que añadir os rectángulos e alinealos para que quedasen rectos. Ademáis, engadín as liñas e as frechiñas verdes. A información saqueina de varios mapas conceptuais xa feitos que atopei na rede.  

Liña do tempo

Imaxe
A miña liña do tempo fíxena coa páxina web Visme.      Escollín un modelo e puxen o título do traballo, a historia das linguaxes de programación. Despois, fun escribindo os nomes das linguaxes de programación e unha pequena descrición e información de cada un. Finalmente, engadín os debuxos que ían co tema e os puntos na liña.

O xogo do dinosaurio

Imaxe
Para esta actividade, tiven que crear un xogo similar ao T-Rex de Chrome. Primeiro escollín os personaxes e establecinlle uns movementos ao dinosaurio. Deste xeito, o dinosaurio salta cada vez que se presiona a tecla do espacio.  Tamén engadín os obstáculos, e establecinlles outras accións. Con isto, os obstáculos cambian de apariencia ao tocar o borde da pantalla e párase o xogo se tocan co dinosaurio. Os puntos suben a medida que o dinosaurio avanza.

Neutralidade e sesgos algorítmicos

Imaxe
  ¿Un algoritmo para decidir quién se vacuna? El desastre 'tech' de los sanitarios de Stanford     Estados Unidos comezou a vacinar o 14 de decembro, e para decidir a orde da vacinación decidiron que un algoritmo fixera o traballo. O problema era que ese algoritmo non tomaba unhas decisións coherentes á hora de vacinar primeiro á xente máis propensa á hora de contaxiarse.      Baixo o meu punto de vista, os algoritmos deberían estar moi controlados e regulados neste tipo de situacións, xa que no caso do hospital de Stanford era máis necesario vacinar aos médicos residentes ca os sanitarios que atendían as chamadas telefónicas. A neutralidade das tecnoloxías está diseñada, é dicir, levouse a cabo con unha finalidade. E aínda que algunhas desas finalidades poidan ser neutras, outras moitas teñen unha dimensión ética. Introducir algoritmos nun contexto sesgado non é unha acción sen consecuencias, xa que estes algoritmos non teñen unha comprensión con...

Produción de imaxes

Imaxe
      Estas imaxes fíxenas usando o editor GIMP, e pertencen á práctica 2 da unidade dous: producción de imaxes.   Esta da dereita probablemente fose a máis fácil, pero a que máis me gusta. É sinxela, pero tamén clara e gústanme as cores que ten. O gif foi o que máis me costou, xa que tiven que encadrar as imaxes coa pantalla do ordenador da imaxe e logo colocar o texto no centro.  

Entrevista de Chema Alonso

Imaxe
Chema Alonso en Salvados: "Nos espían"  Chema Alonso é un membro do Comité Executivo de Telefónica e é un experto en ciberseguridade recoñecido mundialmente. Fixo unha entrevista para o programa de Salvados no 2013, onde falou dos riscos que temos os usuarios da rede e deu consellos para protexer os nosos datos. Persoalmente, xa sabía algunhas das ameazas que dixo. Procuro non conectarme a redes WiFi que non coñezo, teño a webcam do ordenador tapada e teño un antivirus no ordenador, pero aínda así é evidente que sigo estando exposta a moitas outras maneiras de ser hackeada.      Neste video Chema fala sobre a seguridade en internet