Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2020

Entrevista de Chema Alonso

Imaxe
Chema Alonso en Salvados: "Nos espían"  Chema Alonso é un membro do Comité Executivo de Telefónica e é un experto en ciberseguridade recoñecido mundialmente. Fixo unha entrevista para o programa de Salvados no 2013, onde falou dos riscos que temos os usuarios da rede e deu consellos para protexer os nosos datos. Persoalmente, xa sabía algunhas das ameazas que dixo. Procuro non conectarme a redes WiFi que non coñezo, teño a webcam do ordenador tapada e teño un antivirus no ordenador, pero aínda así é evidente que sigo estando exposta a moitas outras maneiras de ser hackeada.      Neste video Chema fala sobre a seguridade en internet